|
SOCIOS

A Xunta Directiva do
Narón Balompé infórmavos de que
iniciamos unha nova campaña de captación de
socios co fin de aumentar a masa social do noso club.
O slogan elixido polo club,
"FAI DE NARÓN A TÚA
PAIXÓN ", xira arredor do concepto de
sentimento e paixón cara ao noso club. E iso é
xusto o que queremos. Cremos que os cidadáns de
Narón cada día están máis
orgullosos de pertencer e ser parte integrante da súa
cidade, e o club Narón Balompé quere ser o
vehículo sentimental a través do que expresar ese
sentimento de "ser de Narón".
Para iso, desde o club
temos a intención de diversificar os servizos ofrecidos aos
socios —novos e antigos—, de maneira que poidan
acceder a descontos en establecementos da localidade (xa
están algúns acordos pechados e estamos en
negociación con outros).
Outras medidas adoptadas
serán de carácter social, como é facer
socios a todos aqueles fillos de socios que nazan durante a
próxima temporada —en calidade de socios
aspirantes—.
Tamén
aumentaremos a presenza do club nas diferentes institucións
da cidade co fin de aumentar o sentimento cara ao club, mediante actos
como visitas a colexios cos xogadores do noso primeiro equipo e a
organización de actos sociais en colaboración con
diversas empresas.
Dixitalizamos os
carnés de socios para facelos mais cómodos e
áxiles.
Creouse e mantense en
constante actualización unha páxina web oficial (naronbalompe.es)
que está á disposición do socio e
abonado ao club de maneira que sexa un instrumento continuo de
comunicación entre o club e os seus socios.
Inauguraráronse
os campos de herba artificial de fútbol 11 e
fútbol-7 nas instalacións do Cadaval; o que
é un salto de calidade importante nas infraestruturas do
club e no labor de formación dos nosos nenos.
En definitiva, pretendemos
aumentar significativamente a calidade do servizo ofertado aos nosos
socios.
E todo cun obxectivo: que
a xente de Narón e comarca se sume a un proxecto ilusionante
que se chama Narón Balompé.
O PRESIDENTE DO
NARÓN BALOMPÉ
Emilio Andrés Gómez Pérez
|